Política de privacidade
Política de privacidade
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), infórmase ás persoas usuarias do sitio web https://campinglagomar.es do seguinte:
1. Responsable do tratamento
Titular: Horta Creativa Sociedade Cooperativa Galega
CIF: F13759253
Domicilio: Avenida Doctor Toba 37, 15124 – Muxía (A Coruña)
Correo electrónico: info@campinglagomar.es
Teléfono: +34600804932
2. Finalidades do tratamento
Os datos persoais poderán ser tratados para:
a) Xestión de reservas
Formalización e xestión de reservas.
Xestión de pagamentos mediante pasarela bancaria (Cecabank).
Facturación.
Comunicación relacionada coa estancia.
Cumprimento de obrigas legais en materia de rexistro de viaxeiros.
b) Atención de consultas
Xestión de solicitudes enviadas a través de formularios ou correo electrónico.
c) Newsletter e comunicacións comerciais
No caso de subscrición voluntaria, envío de información sobre:
Promocións e ofertas.
Programación cultural.
Actividades e eventos.
A persoa usuaria poderá darse de baixa en calquera momento mediante a ligazón incluída en cada comunicación ou enviando un correo electrónico.
3. Base xurídica
Execución de contrato (reserva).
Cumprimento de obrigas legais.
Consentimento da persoa interesada (newsletter e formularios).
Interese lexítimo na mellora do servizo.
4. Conservación dos datos
Datos de clientes: durante a relación contractual e os prazos fiscais legalmente esixidos.
Datos de consultas: mentres se xestione a solicitude.
Datos de newsletter: ata a retirada do consentimento.
Rexistro de viaxeiros: segundo a normativa aplicable.
5. Destinatarios
Os datos poderán comunicarse a:
Administracións públicas competentes.
Entidades bancarias (Cecabank) para a xestión de pagamentos.
Provedores tecnolóxicos necesarios para o funcionamento do sitio web (Dinahosting, ferramentas de xestión e email marketing), baixo contrato de encargo de tratamento.
No caso de utilizar ferramentas de newsletter ou servizos tecnolóxicos situados fóra do Espazo Económico Europeo, garantirase o cumprimento do RGPD mediante cláusulas contractuais tipo ou outras garantías adecuadas.
6. Dereitos da persoa usuaria
A persoa usuaria pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade enviando unha solicitude a:
Así mesmo, poderá presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
7. Seguridade
O responsable adopta as medidas técnicas e organizativas adecuadas conforme ao artigo 32 do RGPD para garantir a seguridade e confidencialidade dos datos.
8. Cookies
O sitio web utiliza cookies propias e de terceiros. Para máis información, consulte a nosa Política de Cookies.
