Normativa interna
Camping Lago-Mar
O Camping Lago-Mar é un espazo de descanso, convivencia e gozo do contorno natural e cultural. Todas as persoas aloxadas deberán respectar as seguintes normas durante a súa estancia.
A estancia no camping implica a aceptación expresa desta normativa.
1. Rexistro e acceso
- Todas as persoas aloxadas deben estar debidamente rexistradas en recepción.
- Non se permitirá a permanencia de persoas non rexistradas en parcelas ou aloxamentos.
- A dirección resérvase o dereito de admisión conforme á normativa vixente.
- Poderase solicitar documentación identificativa en calquera momento.
2. Horarios e descanso
- Deberase respectar o descanso do resto de persoas aloxadas.
- Entre as 00:00 h e as 08:00 h manterase silencio.
- Non se permite música alta, berros nin comportamentos que alteren a convivencia.
- No caso de actividades culturais organizadas polo camping, informarase previamente dos horarios.
En caso de incumprimento reiterado, a dirección poderá cancelar a estancia sen dereito a reembolso.
3. Visitas
- As visitas deberán comunicarse previamente en recepción. Poderán estar suxeitas a:
- Control de acceso
- Limitación horaria
- Cargo adicional segundo tarifas vixentes
- Non está permitido que as visitas pernocten sen rexistro previo.
O camping poderá limitar ou denegar visitas en períodos de alta ocupación.
4. Uso de parcelas e aloxamentos
- Cada parcela ou aloxamento só poderá ser ocupado polo número de persoas autorizado.
- Non se permite cambiar de parcela ou aloxamento sen autorización.
- Existen puntos habilitados para grelladas dentro do camping.
- Só baixo autorización expresa da dirección e sempre que a normativa vixente o permita, poderá realizarse grellada nas parcelas.
- Queda prohibido instalar estruturas adicionais non autorizadas.
Os danos ocasionados nas instalacións ou equipamentos serán responsabilidade do cliente.
5. Mascotas
- Admítense mascotas en espazos autorizados.
- Deberán estar sempre baixo control.
- Non poderán acceder a zonas restrinxidas.
- Os propietarios deberán recoller os excrementos.
- Calquera dano causado será responsabilidade do propietario.
6. Vehículos e circulación
- Velocidade máxima dentro do camping: 10 km/h.
- Só se permite estacionar en zonas habilitadas.
- O camping non se responsabiliza de danos ou roubos en vehículos.
7. Piscina
- A piscina estará aberta durante a tempada estival, podendo variar as datas de apertura e peche cada ano.
- É obrigatorio cumprir as normas específicas do recinto.
- O uso é exclusivo para persoas aloxadas ou autorizadas.
- O camping poderá limitar o acceso por razóns de seguridade ou aforo.
8. Seguridade, convivencia e respecto
- Non se tolerarán comportamentos agresivos, incívicos ou que alteren a convivencia.
- O consumo de alcohol deberá ser responsable.
- Está prohibido manipular instalacións eléctricas ou técnicas.
- O Camping Lago-Mar é un espazo libre de violencia machista, racista, LGTBIfóbica ou de calquera outro tipo de discriminación ou violencia.
- En caso de emerxencia, deberase avisar inmediatamente a recepción.
9. Restaurante / Bar
- O restaurante/bar ten un horario orientativo anual de 08:00 h a 23:00 h, que poderá variar en función da tempada.
- O horario de cociña tamén poderá variar segundo tempada, ocupación ou programación especial.
- A dirección poderá modificar horarios por razóns organizativas, climatolóxicas ou de seguridade.
10. Programación cultural
O Camping Lago-Mar desenvolve actividades culturais en determinados períodos do ano.
- As persoas aloxadas aceptan a posible realización de actividades dentro de horarios razoables.
- O camping garantirá o respecto aos horarios de descanso.
11. Incumprimento e expulsión
O incumprimento grave ou reiterado da normativa poderá conlevar:
- Advertencia formal.
- Cancelación da estancia.
- Expulsión do camping sen dereito a devolución.
