Cultura
Cultura e actividades en Camping Lago-Mar. Onde sempre pasan cousas
Calendario de eventos 2025
10/10/2026
19:30:00
ARIMA SOUL
10/10/2026
13:00:00
MERCADO 2ª MAN
11/10/2026
10:00:00
MERCADO 2ª MAN
11/10/2026
12:30:00
ANALOGIK PA FEIRA CO QUE TEMOS
11/10/2026
20:00:00
ANALOGIK CHICHARRÓN
12/10/2026
12:30:00
ANALOGIK FRONTE LONGO
15/10/2026
20:00:00
ANALOGIK MACARENA MONTESINOS + LAR LEGIDO
16/10/2026
12:30:00
ANALOGIK OS LINDES
24/10/2026
17:00:00
FOLÍA DA SARTAÑA
31/10/2026
23:00:00
SAMAÍN
En Camping Lago-Mar a cultura non se programa: respírase.
Desde o primeiro día, este lugar naceu coa intención de unir a natureza coa música, a arte e a xente. Porque cremos que viaxar non é só descansar, senón tamén compartir, descubrir e emocionarse.
Aquí cada verán énchese de concertos, obradoiros, teatro, monólogos, actividades familiares e momentos que xorden sen planificarse. Esa é a esencia deste proxecto: manter viva a enerxía que o fixo nacer.
“Veño principalmente por eles, porque che dan confianza”
— Luis, visitante que repite cada ano polo ambiente e a proximidade.
Un espazo vivo xunto ao mar
Durante o día, a contorna convida a pasear e desconectar. Pola tarde, o camping transfórmase: luces cálidas, guitarras, risas e conversas fronte ao mar.
Hai algo no aire que non se pode explicar, pero todos o senten.
“Eu necesito vivir aquí.”
— Camino, veciña que atopou en Lago-Mar un lugar onde se sente na casa.
En Camping Lago-Mar a cultura é unha linguaxe común. Non fai falta entendela, só deixarse levar.


Música, arte e comunidade
O que comezou como unha pequena asociación cultural de catro amigos de Muxía hoxe converteuse nun espazo onde a cultura e a hospitalidade galega se mesturan de forma natural.
Cada verán convidamos músicos, artistas e creadores locais a formar parte da nosa programación.
“Isto non é un camping, é moito máis”
— Rubén, músico que tocou aquí e descubriu que a cultura tamén pode vivirse ao aire libre.
Para nós, cada concerto ou actividade é unha forma de celebrar quen somos e compartilo con quen chega.
Actividades para toda a familia
A cultura tamén se goza en familia. Organizamos obradoiros, actividades ao aire libre, rutas e xogos para os máis pequenos, para que cada día teña algo especial.
“Os rapaces son súper próximos, sempre dispostos a axudar”
— Isea y Eki, f, familia que repite cada ano e valora o ambiente familiar e a atención.
En Lago-Mar, os nenos corren libres, os pais descansan e todos atopan o seu lugar.


Un proxecto con raíces
Todo isto non naceu da casualidade. Naceu do amor por Muxía e pola xente que a fai única.
Desa enerxía nova que decidiu apostar por quedar, por crear algo distinto e por demostrar que na Costa da Morte tamén hai espazo para a cultura, a arte e a boa vida.
Estes catro fenómenos non son donos, son persoas especiais.”
— Alejandro, campista veterano que recoñece no equipo humano o corazón do proxecto.
Vive a experiencia Lago-Mar
Máis ca un camping, somos un punto de encontro.
Aquí non só dormes, tamén bailas, compartes, descobres e respiras algo que custa explicar: a enerxía de Lago-Mar.
Ven con curiosidade, déixate levar e entende por que quen chega por primeira vez sempre di o mesmo:
“Estou seguro de que se vés, repetirás”
— Javier, hóspede fiel e amigo da casa.

