A nosa historia

Moito máis ca un camping na Costa da Morte: un lugar onde pasan cousas e no que poderás sentirte como na túa casa

Aquí non só vés durmir na Costa da Morte. Vés vivir cultura, natureza e comunidade nun contorno privilexiado entre o mar e a montaña.

Camping Lago-Mar é un recuncho en plena Costa da Morte onde se mesturan a tranquilidade do mar, a calor da xente e unha oferta cultural que non esperas.

É un espazo onde podes desconectar, pero tamén conectar: contigo, coa natureza e con persoas que veñen de lugares moi distintos, pero se senten como na casa.
Este proxecto nace dunha historia común: a de catro amigos de Muxía que, desde moi novos, creamos unha asociación cultural para dinamizar o seu pobo.

Organizaban festivais, concertos, actividades… non por negocio, senón por amor á arte, á música, á súa xente.

Co tempo, ese impulso converteuse nunha forma de vida.
Cando apareceu a oportunidade de tomar a remuda deste camping, vímolo claro: podiamos convertelo nun espazo onde seguir facendo o que sempre nos moveu, pero con máis forza e máis impacto.

Un proxecto con alma (e raíces) en plena natureza

Este lugar levámolo entre catro amigos de toda a vida, nacidos aquí, en Muxía.

Medramos organizando festivais, actividades e soñando con cambiar un pouco as cousas desde o local. Un día vimos que este camping quedaba libre, e soubémolo: aquí podiamos facer algo distinto. Non só xestionar un lugar, senón darlle vida.

Adri é quen coida que todo funcione.
Desde que era ben pequeno xa o movían o deporte, a acción e o traballo en equipo. Deixou a súa profesión como podólogo para volver á súa terra e construír algo que tivese sentido. Para el, o camping é o centro de todo: “É como o noso núcleo, o espazo desde onde creamos, recibimos e conectamos coa xente”.

Manu é a alma cultural do camping.
Desde os 17 anos organiza concertos e festivais. Hoxe encárgase de que aquí sempre estean pasando cousas: música en directo, teatro, obradoiros, arte… Cre que este lugar debe ser un espazo vivo, e iso nótase. “Queremos que a cultura non sexa un extra, senón o corazón do lugar.”

David é quen máis mira polo equilibrio.
Entre a tradición que herdamos de quen estiveron aquí 40 anos, e o novo que queremos achegar. Para el, coidar o camping é unha forma de honrar esa historia e mellorala. “O importante é que a xente veña e se queira quedar. Que repita. Que sinta que este lugar ten algo especial.”

Sergio é quen lle pon sabor a todo.
Literalmente. É o chef, o que coida a horta e as galiñas, o que transforma produtos locais en pratos con alma. O seu reto foi converter a cociña, que era o punto máis débil, nun orgullo do camping. “Aquí podo facer o que me gusta: cociñar, coñecer xente, e vivir tranquilo nun sitio que é paz e futuro.”

Se vés, valo sentir

Cada persoa que chega aquí vén buscando algo distinto: descanso, aire libre, boa comida, boa música, tranquilidade. E o que atopa, moitas veces, é moito máis.

Non queremos contarche que somos os mellores. Queremos que veñas e o vivas por ti mesmo. Porque se algo temos claro, é que este lugar ten algo que non se pode explicar. Pero si se pode sentir.