Aloxamentos

O teu refuxio perfecto na Costa da Morte

No noso cámping, ofrecemos unha variedade de opcións de aloxamento deseñadas para adaptarse a todas as túas necesidades e preferencias. Desde parcelas espazosas para tendas e autocaravanas, ata acolledores bungalós  e mobile home completamente equipados. Un lugar ideal para que goces dunha estancia cómoda en plena natureza.

Cada un dos nosos aloxamentos está coidadosamente pensado para brindarche a máxima comodidade e un ambiente relaxante.

Desconecta e goza da beleza da Costa da Morte!

Bungalows

Equipados con todas as comodidades que necesitas para unha estancia relaxante, os nosos bungalós son o refuxio perfecto para as túas vacacións en Galicia.

Espazos amplos, cociña completamente equipada e terraza privada, convidámosche a relaxarche e gozar da tranquilidade da contorna mentres creas recordos inesquecibles no noso cámping.

Reserva o teu bungaló hoxe e comeza a vivir a experiencia!

Mobile home

As nosas mobile homes ofrecen o equilibrio perfecto entre confort e aventura.

Con cociña, baño, dormitorios acolledores e sala de estar, nosas mobile homes son ideais para familias, parellas ou grupos de amigos que desexen gozar dunhas vacacións sen preocupacións.

Parcelas

Mergúllate na natureza e goza da liberdade de acampar no noso cámping na Costa da Morte.

A nosa zona de acampada ofrece amplas parcelas rodeadas de exuberante vexetación, onde poderás instalar a túa tenda e conectar coa contorna natural.

Tamén ofrecemos parcelas especialmente deseñadas para autocaravanas, caravanas ou campers, onde poderás estacionar e facer uso de todos os servizos que necesitas para unha estancia cómoda e conveniente.

Todas as nosas parcelas están dotadas de conexión eléctrica para que poidas gozar ao máximo da túa viaxe

Extreme Sports Bike